Sae a primeira beta pública do Firefox 3.6
luns, 2 de novembro do 2009
A Fundación
Mozilla permite xa a descarga do navegador
Firefox 3.6 Beta 1, de xeito que os usuarios interesados poden facer
un achegamento ao que permitirá a vindeira versión do Firefox, que incorpora o
motor Gecko 1.9.2 e moitas outras novidades coma soporte do formato de fontes
WOFF, a posibilidade de ver en pantalla completa vÃdeo en formato nativo
(inserido mediante a etiqueta HTML <video>), soporte integrado de
Personas (para cambiar a aparencia do navegador cun só clic), melloras no
rendemento de JavaScript, tempo de inicio reducido, maior soporte de
tecnoloxÃas HTML5, DOM e CSS, avisos de plugins
externos desactualizados, e moitas outras actualizacións.
Entre os cambios, tamén hai que criticou que modificasen o comportamento da
posición nas novas pestanas (agora xunto á pestana actual, en vez de á dereita
de todo), aÃnda que iso pode
solucionarse cambiando a configuración do programa editando o valor browser.tabs.insertRelatedAfterCurrent
(poñéndoo coma falso).