Sae a concurso o proxecto e a execución da construción da nova sede do CESGA
luns, 14 de xullo do 2008
O pasado venres apareceu no
BoletÃn Oficial do Estado (BOE) o concurso
para seleccionar o Proxecto Técnico Básico de Execución e a dirección de obra
da nova sede do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que
estará situado nunha parcela de 16.317 m2 no Parque Empresarial de
Santiago de Compostela A Sionlla,
dentro do futuro Parque Tecnolóxico da capital galega. O orzamento máximo do
proxecto é de 21.912.742 euros (IVE incluÃdo).
A nova sede do CESGA será un complexo composto por un ou varios edificios, que
responderá ao nome de Constelación, e incluirá todas as infraestruturas
necesarias para dar resposta aos requisitos necesarios para as dúas áreas de
traballo da entidade: o Centro de Investigación en Ciencia Computacional e o
Centro de Servizos, Innovación e Xestión.
As propostas que se presenten ao concurso deben considerar as necesidades das
diferentes actividades que se desenvolven no CESGA, o entorno do mesmo e a
posibilidade de futuras reestruturacións en función da evolución do Centro, asÃ
como a posibilidade de que se agreguen ao complexo novos centros investigadores
que compartirÃan partes fÃsicas co CESGA (coma o recibidor ou o auditorio).
As pospostas para este concurso poderanse presentar ata o 26 de setembro, e a información
detallada do concurso pódese consultar na páxina web do Colexio
Oficial de Arquitectos de Galicia.