Runedia lanza aplicación para deportistas con sistema de xeolocalización
venres, 23 de outubro do 2015
Os responsábeis da web de
recursos deportivos Runedia
lanzaron unha aplicación de interese para os deportistas afeitos a
probarse a si mesmos nunha chea de competicións. Estamos
a falar dunha aplicación desenvolvida en alianza coa consultora
tecnolóxica Pasiona cuxo principal valor ou característica
diferencial é
que incorpora un sistema de xeolocalización co que os deportivas
poden saber das carreiras máis próximas e que sexan máis acaidas
ás súas preferencias. Ademais, ofrece a oportunidade de propor
desafíos a outros corredores e compartir os seus resultados nas
redes sociais.
Esta nova aplicación, que
leva aos dispositivos móbiles os contidos e as funcionalidades da
web Runedia, está dispoñíbel para Android, iOS e Windows Phone.
“Grazas a estas ferramentas”, sinalan dende o portal, “os
usuarios disporán de información actualizada das diferentes probas
que se celebren a nivel estatal, de como inscribirse e como chegar ao
momento de saída”. A aplicación incorpora tamén unha serie de
funcionalidades que permiten recompilar as estatísticas de cada
carreira, elaborar un calendario de probas favoritas. A maiores,
inclúe unha ferramenta para xestionar os contactos dentro da
comunidade Runedia.