Roteiro Maker organiza obradoiros tecnolóxicos gratuítos en Bertamiráns e Milladoiro

xoves, 10 de xuño do 2021 Pedro Pérez

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiro gratuítos itinerantes relacionados coa tecnoloxía e o Camiño de Santiago, estará na praza da Mahía en Bertamiráns o sábado 12 de xuño e no Milladoiro o martes 15, no estacionamento da Casa da Cultura. En ambos lugares o horario será de 17:00 a 19:00 horas, e tódolos interesados poderán participar.
O Roterio Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros de balde para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Fará diversas paradas, ademais de en Ames, nos concellos Brión, Rois, Dumbría e Muros, entre outros. O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, Realidade Aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co camiño de Santiago.
O concelleiro de Turismo, Manuel Lens declarou que " o camiño ten vida e foi evolucionando ó longo da historia e adaptándose ós novos tempos, polo que é un sitio ideal para falar de tecnoloxía". Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, asegurou que “como membros da Rede Impulso, o concello de Ames pretende favorecer a innovación e dar acceso ás novas tecnoloxías. Este roteiro quere crear sinerxías entre o Medio Ambiente e o mundo argalleiro, dando a coñecer novas creacións entre a mocidade de Ames”.

PUBLICIDADE