Rockola.fm fusiona as súas aplicacións para iPhone

mércores, 24 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O servizo de música en streaming Rockola.fm, que permite crear combinacións de emisoras coa nosa música favorita, contaba dende hai tempo con aplicacións para o iPhone e o iPod Touch (unha de pagamento e outra de balde, pero con limitacións) e finalmente decidiron fusionalas nunha única aplicación gratuíta, de xeito que xa non haberá que pagar para acceder ao seu catálogo musical completo dende os terminais móbiles de Apple.
Esta aplicación que abre a porta a unha oferta musical moi atractiva e que adaptase aos nosos gustos dun xeito bastante orixinal (podemos definir estilos musicais segundo o noso estado de ánimo, así como filtrar cancións por décadas ou idiomas) funciona tanto a través de Wi-Fi coma de 3G, de xeito que é unha ferramenta moi práctica para suplir a ausencia de sintonizador de radio FM no iPhone.

PUBLICIDADE