Ribeira pon en marcha unha ligazón web para que cidadanía notifique incidencias no alumeado

luns, 27 de abril do 2015 Redacción

A empresa Ferrovial vén de habilitar para os cidadáns de Ribeira un enderezo web na que poderán notificar calquera tipo de incidencia no alumeado, coa arela de emendar do xeito máis rápido posíbel os problemas que poidan acontecer na rede de iluminación. Segundo explica o Concello, pódese acceder ao servizo (Avisaweb) a través dunha ligazón específica habilitada por Ferrovial ou ben a través da páxina de Ribeira. Para canalizar a tramitación da incidencia precísase deixar unha conta de correo electrónico ou un número de móbil.
Segundo lembran fontes do Goberno local, a empresa concesionaria ten previsto nos seis vindeiros meses unha renovación do alumeado consistente no cambio das 8.000 lámpadas de vapor de sodio por outras de tecnoloxía LED de baixo consumo. Ferrovial encargarase durante os próximos 12 anos do servizo integral de iluminación exterior do municipio. Entre as súas tarefas están a da xestión enerxética, a garantía total e as obras de mellora e renovación das instalacións.

PUBLICIDADE