Ribeira achega formación tecnolóxica para mulleres desempregadas na aula CeMIT
venres, 16 de outubro do 2020
A
aula CeMIT de Ribeira vai acoller este mes, os dÃas 28, 29 e 30 de
outubro, máis os dÃas 2 e 3 de novembro, un programa formativo
denominado Muller TIC, co que, tal e como se indica no seu nome,
achegar coñecementos en novas tecnoloxÃas a mulleres desempregadas
e co obxectivo de mellorar ao máximo o seu currÃculo e as
posibilidades de atopar un posto de traballo. As sesións levaranse a
cabo en horario de 10.30 a 14.30 horas. O programa vai dirixido a
mulleres no paro coa tarxeta do Servizo Público de Emprego activa ou
en situación de vulnerabilidade.
Trátase
dunha acción promovida pola ConcellerÃa de Administración,
Innovación Tecnolóxica e Participación Cidadá de Ribeira.
Achegaranse recursos de capacitación dixital a un mÃnimo de 8
mulleres e un máximo de 20 prazas a través da colaboración da
axencia AMTEGA. As clases vanse impartir na aula CeMIT que o Concello
de Ribeira dispón na rúa Cubeliños, 1. Toda a información sobre
o programa formativo está a disposición das persoas interesadas na
web da aula CeMIT local ou ben a través do teléfono 988 107
629.
Ademais,
dúas usuarias que o soliciten poderán asistir a un servizo de
asesoramento (mentoring) de autoemprego no que recibirán
axuda e apoio para emprender o seu propio proxecto.