Rianxo acolle un curso sobre Linux este mes

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O Concello de Rianxo organiza entre os días 18 e 27 de agosto un curso de difusión do sistema operativo GNU/Linux dirixido a usuarios cuns mínimos coñecementos de informáticas aos que pretende ilustrar sobre as aplicacións máis utilizadas no fogar, na oficina ou no estudo que achega a plataforma de software libre.
O curso desenvolverase durante os martes, mércores e xoves de 9:00 a 10:30 horas na aula de informática Cuartel Vello sita na Praza Castelao. A inscrición é de balde e ten límite de prazas.

PUBLICIDADE