Rexistran as sedes españolas de Google ante sospeitas de fraude fiscal
xoves, 30 de xuño do 2016
As
dúas sedes de Google en Madrid (en Torre Picasso no Campus Madrid da rúa Moreno Nieto) estarÃan
a ser rexistradas
por parte da Axencia Tributaria no marco dunha investigación por evasión fiscal
e fraude, por sospeitas de que o xigante de Internet non estea a cumprir
coas súas obrigas fiscais relativas ao pagamento do IVE que sospeitan que non
está a declarar. Algúns medios incluso aseguran que a
Garda Civil terÃa incautado todos os equipos informáticos das oficinas.
Dende
Google aseguran estar a colaborar coas autoridades, e tamén afirman que
respectan a lexislación fiscal española.
Estamos ante un tipo de investigación que está a replicarse en distintos paÃses
europeos, por terse rexistrado un pagamento local de IVE moi reducido nos
distintos estados europeos, cando a lexislación actual obriga a que os impostos
se paguen no paÃs onde están os clientes, de xeito que o feito de que as
operacións de Google en Europa estean radicadas en Irlanda non os eximirÃa de
realizar os pagamentos de IVE establecidos segundo os tipos de cada paÃs
comunitario.