Reprodutor musical baseado na web, que inclúe vídeos de YouTube

martes, 29 de abril do 2008 Marcus Fernández

Para escoitar a túa música preferida en calquera lugar nace JogPlay, un reprodutor musical baseado en Java e que permite sincronizar a música en tódolos nosos ordenadores e compartila cos nosos amigos.
JogPlay é un servizo de balde, que promete seguir así no futuro, e permite crear listas de reprodución con música que se xestionan a través dunha aplicación informática chamada Base Station, que tamén conta coa función de sincronizar a nosa música con vídeos dispoñibles en YouTube, de xeito que podemos ver vídeos musicais correspondentes de xeito automatizado.

PUBLICIDADE