Relaxan as condicións para preinstalar Windows XP en ultraportátiles

martes, 8 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Dende este mes o Windows XP deixa de estar dispoñible para a súa venda de xeito independente e preinstalado en equipos informáticos normais, podendo só incluírse de serie en equipos de baixas prestacións que non funcionarían baixo Windows Vista, pero estas condicións que deben cumprir os equipos para poder venderse con XP veñen de relaxarse, e agora permitirá a súa incorporación a ordenadores con pantallas de ata 14,1 polgadas e disco duro de 160 Gb (fronte os límites anteriormente mencionados de 10,2 polgadas e 80 Gb). Tamén se elimina a restrición de velocidade (que marcaba un máximo de 1 GHz) aínda que se mantén o tope de RAM en 1 Gb.
Deste xeito a dispoñibilidade de Windows XP para ordenadores ultraportátiles de baixo custo mellora substancialmente, para poder acadar unha penetración importante nun sector dominado habitualmente polo sistema operativo Linux (que vén preinstalado na opción máis básica deste tipo de equipos).

PUBLICIDADE