Reducen a dous metros a marxe de erro da tecnoloxÃa GPS
venres, 15 de febreiro do 2013
Lonxe quedan os tempos en
que os navegantes, con axuda do estudo pormenorizado das estrelas,
ficaban satisfeitos resolvendo a súa posición cuns cantos
quilómetros de marxe de erro. Isto foi, en tempos, cousa habitual e
para algúns navegantes, o máximo que podÃan obter. Logo, a marxe
foise reducindo, paseniño iso si, até que chegou o GPS, e xa
deixamos de falar de distancias longas e medias á hora de dar conta
de posÃbeis inexactitudes. Con todo, a marxe raramente baixou co GPS
dos 15 metros para persoas ou vehÃculos emprazados a ceo aberto.
Para cousas ou individuos entre edificios, esténdese aos 50. Porén,
hai boas novas ao respecto, sobre todo de cara á localización de
persoas extraviadas ou coches sinistrados, cousa na que é
imprescindÃbel a máxima exactitude. Segundo se conta, a
Universidade Carlos III de Madrid vén de reducir a devandita franxa
dos 15 metros aos dous.
Este fito é froito do
intenso traballo despregado polos integrantes do Laboratorio de
Sistemas Intelixentes e o grupo de Intelixencia Artificial Aplicada
da dita institución educativa. Unindo forzas foron quen de
desenvolver un aparello-prototipo que mestura a tecnoloxÃa GPS
tradicional coas de outros sensores destinados a medir velocidades e
enerxÃas, co que se abranguen máis parámetros a ter en conta. Dito
doutro xeito: se atenden a máis factores que ao simplemente
salelital. No caso dun vehÃculo, os investigadores foron quen de
optimizar o seu posicionamento entre un 50% e un 90%. As mellores
porcentaxes obtéñense canto mellor é o sinal e máis nidiamente se
recibe. Para acadar a devandita amplitude de parámetros no aparello
combinouse a tecnoloxÃa GPS coa propia dos acelerómetros e os
xiróscopos. Estes últimos intégranse nunha Unidade de Medición
Inercial (IMU) que é quen de pór números exactos á velocidade e
deriva dun vehÃculo. Todo isto inclúe unha conexión directa cun
computador que avalÃa os datos, amaña posÃbeis erros e achega
posicións. O dito dispositivo-prototipo, por certo, adáptase a
calquera coche.