Redondela rematará o verán con cursos de informática gratuítos para o público en xeral

luns, 21 de agosto do 2023 S. P.

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela que xestiona Antonio Cabaleiro desenvolverá durante os meses de setembro, outubro e novembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral. Estas actividades formativas abranguerán diferentes ámbitos da informática como creación de blogs, edición de fotografías, creación de álbums e presentacións, e trámites coa administración online.
Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 130 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos. En ámbolos dous casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición, sendo o prazo de inscrición do 16 de agosto ao 5 de setembro.
Aula CeMIT Redondela os luns e mércores
Do 11 de setembro ao 22 de novembro
-Curso Álbum Dixital: aplicación Collage e Impress
Do 11/09 ao 22/11. Horarios: de 10.00 a 11.30 horas.
-Curso: trámites online coa Administración e identidade dixital
Do 11/09 ao 22/11. Horario: de 12.00 a 13.30 horas.
Aula Aberta: obradoiros para adultos
-Trámites subvencións co Concello. Consultas e dúbidas.
Os venres en horario de 09:30 a 13.30hs.
Setembro: 08 e 22
Outubro: 06 e 20
Novembro: 03 e 17
Aula CeMIT Chapela os martes e xoves
Do 12 de setembro ao 23 de novembro
-Curso: Photopea. Editor de fotos en liña.
Datas: do 12/09 ao 23/11
Horarios: de 10.00 a 11.30 horas.
-Curso: Blogger – creación dun blog.
Datas: do 12/09 ao 23/11
Horarios: de 12.00 a 13.30hs.
Aula Aberta: obradoiros para adultos
Trámites subvencións co Concello: consultas e dúbidas
Os venres en horario de 09:30 a 13.30hs.
Setembro: 15 e 29
Outubro: 13 e 27
Novembro: 10 e 24
Segundo engadiu o Concello, as instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o mércores 16 de agosto ata o 5 de setembro, pódense recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da Piscina Municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

PUBLICIDADE