Red.es organiza un circo tecnolóxico para achegar Internet ós máis novos

venres, 15 de xuño do 2007 Raquel Noya

A entidade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Red.es, no marco do seu Plan Avanza, vén de anunciar a celebración dunhas “Xornadas de Internet para a Infancia” que terán lugar do vindeiro 19 ó 22 de xuño en Madrid.
Este evento, lúdico e educativo onde os haxa, tén como obxectivo promover o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) n@s nen@s de entre 6 e 13 anos a través de divertidas actividades interactivas.
Asimesmo, as devanditas xornadas, que serán inaguradas o vindeiro martes 19 polo Secretario de Estado de Telecomunicación e para a Sociedade da Información, Francisco Rois, tamén servirán para presentar o redeseño do portal Chavales, así como para dar cabida ó “máis espectacular ambiente circense e tecnolóxico do mundo nestre intre”.
Ambas actividades, que se ubican nas Instalacións Deportivas Antiguo Canódromo de Madrid, enmárcanse dentro do Plan Avanza, que recolle as liñas mestras do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para lograr a converxencia coa UE e entre Comunidades Autónomas.

PUBLICIDADE