Red.es escolle a Elogia para dirixir ás PEME cara ao comercio electrónico

mércores, 30 de xullo do 2014 Redacción

A entidade pública empresarial Red.es -adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR) e encargada de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España- vén de elixir á axencia de mercadotecnia en liña especializada en comercio electrónico Elogia de cara á nova edición do programa de asesoramento en comercio electrónico para PEME. E que se agocha detrás de Elogia? Pois unha contribución de 15 anos de experiencia en mercadotecnia 100% dixital, moita dela desenvolvida dende a nosa terra e a sede de Elogia en Vigo (na imaxe), e unha especialización en mercadotecnia para comercio electrónico, froito de anos de traballo con tendas online e comercio electr como Privalia, Groupalia ou Ulabox, e tamén con PEME.
E volvendo á nova, Red.es prevé encamiñar este ano máis de 18 millóns de euros en subvencións a fondo perdido, dos cales cada proxecto poderá beneficiarse con até 15.000 euros. Asemade, Red.es ten pensado adxudicar máis de 1.200 proxectos en toda España, o que supón un incremento do 253% respecto do ano anterior.
As empresas interesadas deben entregar a súa solicitude antes do 9 de setembro de 2014 a través da web Red.es. Para poder optar a estas axudas cómpre ser unha PEME (Pequena e Mediana Empresa), así como ter o enderezo social e fiscal fixado nalgunha das seguintes comunidades autónomas: Galicia, Andalucía, Aragón, Asturies, Castela-A Mancha, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Illas Canarias, Melilla, Murcia ou Navarra.
O programa de mentoring en comercio electrónico de Red.es divídese en dúas fases: unha de diagnóstico e asesoramento e outra de introdución das melloras identificadas na consultoría. Para ampliar a información sobre o proceso de solicitude é preciso visitar a web corporativa de Elogia.

PUBLICIDADE