Recuperan preto de medio millón de ficheiros musicais de MySpace

xoves, 4 de abril do 2019 Marcus Fernández

Saber que MySpace deu por perdidos uns 50 millóns de ficheiros musicais subidos aos seus servidores entre 2003 e 2015 foi unha nova arrepiante no que se refire á preservación do patrimonio dixital, de aí que agora cheguen ao rescate dende Archive.org, veñen de paliar parcialmente a situación coa publicación de The MySpace Dragon Hoard, unha colección de 490.000 ficheiros MP3 de MySpace.com publicados entre 2008 e 2010.
Estes ficheiros proveñen da rede de entrega de contidos de MySpace e ocupa algo máis de 1,3 TB e están repartidos en numerosos ficheiros en formato ZIP, aínda que se o que buscamos é localizar algún tema e reproducilo, está dispoñible un reprodutor multimedia en liña que facilita o acceso a estes milleiros de ficheiros musicais rescatados.

PUBLICIDADE