ReactOS, sistema operativo que busca ser compatible con Windows XP

luns, 14 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Moitos sistemas operativos distintos ós de Microsoft permite achegar aplicacións para Windows mediante a súa emulación, pero varios programadores están a desenvolver un sistema operativo que ten en facer funcionar aplicacións de Windows coma única finalidade, ReactOS.
O ReactOS busca así ser un sistema operativo libre e de balde totalmente compatible con Windows NT e XP (non só a nivel de aplicación, senón tamén con respecto ós controladores de dispositivos), e xa chegou a unha versión alfa compatible con procesadores de 32 bits (Intel Pentium x64, Intel Xeon x64, AMD Athlon x64 e AMD Opteron en modo de 32 bits) non soportando aínda o modo de 64 bits, o que vén ser de calquera xeito todo un avance.
Actualmente este sistema operativo vai pola súa versión 0.3.3 e non se recomenda coma sistema operativo principal, pois aínda non acadou a estabilidade necesaria como para ser unha alternativa viable a Windows.

PUBLICIDADE