Rajoy chama por teléfono ós internautas

mércores, 6 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O Partido Popular está a desenvolver na web unha sorprendente iniciativa para achegarse ós cidadáns a través da multimedia, pois anima ós internautas a remitir propostas ó PP a través da Internet, dende Tu Propuesta en 30 Segundos, onde introducindo o nome e o número de teléfono móbil se pode ver un vídeo interactivo no que se ve unha xuntanza na que participan varios dirixentes populares e que, nun momento dado, notan a falta do usuario, polo que Mariano Rajoy, candidato á presidencia do Goberno, saca o seu móbil para chamar ó número telefónico subministrado anteriormente, no que se pode escoitar unha gravación na que o político di: «Hola, soy Mariano Rajoy, ¿dónde te has metido? Te estamos esperando, pero si no puedes llegar, yo lo que te pido es que nos mandes tus ideas a mi página web. Un saludo y un fuerte abrazo».
Durante o primeiro día da iniciativa se estima que uns 20.000 cidadáns recibiron a chamada de Rajoy. O PP tamén convida ós usuarios a mandar vídeos electorais elaborados por eles mesmos (emitíndose 1 dos mesmos durante os espazos electorais de Televisión Española).

PUBLICIDADE