RETGALIA elixe o seu comité estratéxico

xoves, 22 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia (RETGALIA), creada en 2004 co obxectivo de actuar coma punto de encontro para potenciar a colaboración e o intercambio de coñecemento entre os seus membros, crear unha imaxe tecnolóxica conxunta que favoreza a súa internacionalización e constituírse no interlocutor válido ante os axentes do Sistema I+D+i na defensa dos seus intereses, elixiu o seu comité estratéxico na súa primeira asemblea tras a súa redefinición.
Os 21 centros tecnolóxicos formarán parte dunha mesa ou asemblea formada polos seus directores, o director da Rede e representantes da Xunta de Galicia, e encargarse de definir a estratexia e garantir a operatividade da Rede.
RETGALIA non terá forma xurídica de seu a curto prazo, aínda que para o futuro se agarda que se consolide como unha estrutura propia desligada da Administración e na que os centros tecnolóxicos tomarán todo o protagonismo.
O presidente de RETGALIA será Javier García Tobío (director do CESGA), quen presentou o programa de actividades da Rede para o período 2009-2010, que foi ratificado pola asemblea.

PUBLICIDADE