R segue despregando a súa nova rede de fibra en Abegondo

luns, 28 de marzo do 2022 Anxo Sesto

Cinco novos núcleos veñen de incorporarse á rede de fibra óptica de R no municipio coruñés de Abegondo. Isto é debido á nova infraestrutura de fibra que o operador galego está a renovar nas catro provincias de Galicia dende a mediados de 2021.
R rematou outro treito das tarefas de despregamento da súa rede de fibra en Abegondo, conectando 244 novos fogares e negocios. No marco da Plan Avanza, estes traballos únense aos desenvolvidos con anterioridade para incorporar inmobles tamén noutros núcleos de Peneda, A Igrexa, Cerneda... Cando se remate a despregadura de rede, Abegondo contará con máis de 900 residencias e empresas conectadas ás redes de nova xeración e preparadas para recibir os servizos de telecomunicacións máis innovadores. R resultou adxudicataria en 2018 dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza, dotados cun total de 10 millóns de euros e a través dos cales estase a despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade. A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou coas súas redes a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade (Monterroso, Palas de Rei, Ortigueira, Cariño, Vilaboa, Combarro, etc).
Os/as clientes/as de R dos novos núcleos conectados xa poden gozar das vantaxes que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego (acesos de ata 10 xigas, wifi 6, televisión con deco Android 4k sen custe adicional, cobertura óptima dos servizos de R ou maior capacidade de navegación simultánea). Isto dase grazas á tecnoloxía FTTH, que se basea no estándar XGS-PON e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada). Tamén se están a realizar traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e cambio gratuíto dos equipos vellos de Internet.

PUBLICIDADE