R, recoñecida polo seu compromiso contra o cambio climático

martes, 11 de xaneiro do 2022 S. P.

A operadora de ámbito galego R vén de ser recoñecida polo seu compromiso contra o cambio climático cunha valoración “B” na enquisa que a organización sen ánimo de lucro Carbon Disclosure Project (CDP) elabora anualmente nesta materia, e na que participa a compañía de telecomunicacións xunto co resto de empresas do Grupo Masmovil.
R, que está presente na enquisa dende o ano 2016, recibe este recoñecemento como “mostra do seu posicionamento e transparencia na xestión do impacto ambiental e o clima”.
A operadora lembra que a valoración B sitúase nunha escala do A ao F, o que “nos sitúa como unha das compañías participantes con mellor consideración a nivel mundial”, engade a empresa, recordando que “este recoñecemento valida a xestión dos riscos ambientais asociados á actividade da operadora e reflicte o seu compromiso coa xestión responsábel en todas as súas operacións”.

PUBLICIDADE