R, o CPEIG, a UDC, a UVigo e o CITIC impulsan a segunda edición de CyberSec@Gal

luns, 19 de outubro do 2020 Fernando Sarasketa

En novembro vaise celebrar a segunda edición dun evento no que se vai falar arreo sobre unha das cuestións máis candentes do panorama tecnolóxico e produtivo actual: a ciber-protección de datos, servidores e comunicacións. Estamos a falar de CyberSec@Gal, o foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade (materializada pola operadora galega de telecomunicacións en colaboración coas universidades da Coruña e de Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. A cita, que este ano porá o foco nos riscos no teletraballo, conta coa colaboración do Centro de Investigación TIC da UDC, o CITIC.
O evento desenvolverase do 2 ao 5 de novembro e abordará a normativa, solucións, retos e ameazas no eido da seguridade do universo dixital no teletraballo.
Amais, no capítulo de recoñecementos ao traballo innovador, CyberSec@Gal premiará pola súa excelencia académica a estudantes das universidades galegas cun premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade, valorado en 700 €; dous premios á Tese de Fin de Mestrado en Ciberseguridade na UVigo e UDC, valorados en 400 € cada uno; e dous premios á Tese de Fin de Grado en Ciberseguridade na UVigo e na UDC, valorados en 300 € cada un deles.
As dúas primeiras xornadas de CyberSec@Gal acubillarán obradoiros en liña orientados a estudantes do Sistema Universitario Galego e de Formación Profesional, que teñen como fin captar talento en ciberseguridade. Durante a terceira xornada levaranse a cabo charlas técnicas orientadas a profesionais e lanzarase un ciber-reto online cun premio final de 500 €. O sistema empresarial galego estará tamén representado na cuarta xornada do evento, que se desenvolverá de xeito semipresencial e tratará os riscos no teletraballo nunha mesa redonda específica nesta temática.
Programa de actividades
· Luns 2 de novembro
16:00-20:00 Obradoiro: Explotación de vulnerabilidades en servidores Windows.
· Martes, 3 de novembro
16:00-20:00 Obradoiro: Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións.
· Mércores, 4 de novembro
16:30-17:00 Charla técnica
17:00-19:00 Reto
· Xoves, 5 de novembro
10:00-10:30 Apertura con Isidro Fernández, director Empresas de R, Mar Pereira, directora de AMTEGA, Fernando Suárez, presidente do CPEIG, e Roberto Baratta, Capítulo Galego do ISMS Forum.
10:30-11:00 Relatorio
Security: cyber defence, awareness and network measurements
A cargo de Olaf M. Maennel - Full Professor at the Centre of Digital Forensics and Cyber Security at Tallinn University of Technology
11:15-11:00 Presentación nodo Ciber.gal.
Adrián Lence, director de Infraestruturas e Telecomunicacións de AMTEGA
11:30 Mesa de debate: riscos no teletraballo. Contarase coa presenza de Carlos Escudero, director da Área de Informatica UDC, Jose Andrés Freire Dapena, xefe do Departamento de Implantación e Xestión do Cambio de AMTEGA, Marco Lozano, responsábel de Empresa INCIBE, Antonio Fernandes, responsábel de Ciberseguridade de FINSA, e Pedro Santamaría, responsábel de Sistemas ROEIRASA. Modera: Manuel Vicente
12:15-12:25 Presentación Capítulo Galego ISMS FORUM. Participa Susana Rey, membro ISMS.
12:25-13:05 Relatorio Privacidade por deseño en tempos do COVID
Carmela Troncoso. Tenure Track Assistant Professor at EPFL in Lausanne, Switzerland.
13:05-13:15 Clausura
Clausura e entrega premios CyberSec@GAL

PUBLICIDADE