R leva a súa tenda itinerante a Melide

mércores, 27 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Este xoves a tenda itinerante de R recalará no Cantón de San Roque de Melide, onde permanecerá aberto ao público de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas ata o sábado (día no que pechará pola tarde) para achegar á esta vila no cerne de Galicia dos produtos e servizos que ofrece o operador galego de cable, podendo incluso contratalos in situ.
A tenda itinerante ten 15 m2 nos que está dispoñible un mostrador de atención ao público, unha zona para navegar de balde pola Internet e unha sección na que poder comprobar a oferta televisiva de R. Tamén conta cun panel no que poden verse distintos terminais móbil, dos que un grupo reducido pode probarse libremente.
Nos últimos meses a tenda itinerante de R visitou as vilas de Verín, Xinzo da Limia, Ponteareas, Silleda, A Estrada, Sarria, Burela, Noia, As Pontes de García Rodríguez e Carballo.

PUBLICIDADE