R lembra aos usuarios que poderán falar e navegar dende o Reino Unido “coma se o fixeran en Galicia”

luns, 3 de febreiro do 2020 Fernando Sarasketa

A saída do Reino Unido da Unión Europea, un proceso finalmente materializado os días pasados (polo menos no plano institucional, non tanto nas outras vertentes, que serán obxecto dun proceso paulatino), está a guindar unha serie de dúbidas sobre moitos eidos económicos e sociais, e tamén, por suposto, comunicativos. A este respecto, moitos clientes europeos de teleoperadoras estanse a preguntar como vai afectar a oficialización do Brexit aos servizos que teñen contratados. Entre as operadoras que xa se lanzaron a clarificar dúbidas atópase R, que vén de lanzar un comunicado no que lembra que os seus usuarios “poderán falar e navegar cos seus dispositivos en Reino Unido coma se o fixeran en Galicia e sen sobrecustos”.
Nun plano máis concreto, a operadora de raizame galega sinala “que malia o Brexit, os usuarios de R que viaxen a Reino Unido en 2020 poderán consultar correos electrónicos, subir fotos ás redes sociais, falar por teléfono e enviar mensaxes coma se estivesen en casa, sen necesidade de facer ningunha xestión nin chamada, mantendo as condicións habituais das taifas que teñan contratadas”. Isto vén dando porque durante 2020 está programado manter as tarifas de itinerancia en Europea para Reino Unido, sen custos adicionais.

PUBLICIDADE