R inclúe no seu combo infinito Netflix unha tableta Lenovo Smart Tab M10 HD con Alexa

mércores, 25 de agosto do 2021 S. P.

O operador R presentou a que sería, nas súas palabras, “a oferta máis completa e competitiva” do mercado da telefonía móbil. En concreto, consiste en ofrecer á nova clientela que contrate o combo infinito Netflix a posibilidade de elixir entre unha tableta Lenovo Smart Tab M10 HD con Alexa ou un smartphone Samsung Galaxy A12.
O combo infinito Netflix inclúe internet 500 Mbps, 2 liñas de móbil con gigabytes ilimitados, fixo con chamadas, TV con deco 4K e Netflix HD por 29 euros por mes durante seis meses.
A operadora tamén destaca “a calidade do servizo que pon en xogo este produto, coidando ao máximo a experiencia de cliente cunha oferta sinxela que ten todo o que se pode precisar”.
O operador galego elixiu como prescritor o humorista e ilusionista coruñés Luis Piedrahita para lle pór cara á súa nova proposta comercial de Volta ao cole.

PUBLICIDADE