R e LG brindan o seu apoio ao equipo da Fundación Celta Integra
venres, 13 de decembro do 2019
O
operador
R formalizou onte o seu apoio ao equipo Fundación Celta Integra,
constituído por deportistas con capacidades diversas. A
presentación da colaboración celebrouse en Vigo, nun acto no que
participaron os integrantes da fundación, o director da mesma,
Germán Arteta, o director de Marketing Empresa do Grupo Euskaltel
(do que forma parte R), David del Campo e máis o director xeral de
móbiles de LG, Nacho Ángel.
Durante
a cita, entregáronse 26 smartphones da devandita marca a
outros tantos futbolistas da fundación, na sede do RC Celta en Vigo.
De feito, o fabricante LG participa xunto a R no acordo de
colaboración. Por certo que R tamén lles brindou aos rapaces
servizo de móbilR durante un ano.
Con
este patrocinio, a Fundación Celta e máis R queren “poñer en
común o interese de ambas as dúas entidades por contribuír á
mellora constante, o crecemento e a adaptación social do equipo e
das persoas que o integran”. Así, até o remate da presente
tempada 2019-20 de LaLigaGenuine a marca R estará presente nas
actividades do Fundación Celta Integra desenvolvidas pola Fundación
Celta.
O
proxecto de LaLiga Genuine, que vencella fútbol e integración
social, comezou a súa andaina da man de LaLiga hai dúas tempadas.
Trátase dunha competición formada por conxuntos do colectivo DI
(persoas con Discapacidade Intelectual), na que ademais da suma de
puntos polos resultados deportivos e para que prime a deportividade,
todos os clubs contan cunha serie de cualificacións que premian o
xogo limpo. O campionato xógase na modalidade de Fútbol 8 (partidos
de 4 partes de 10 minutos cada unha) e a tempada divídese en 4 fases
que se desenvolven en diferentes sedes.