R celebra o Cyber-feirón con todos os servizos de telecomunicacións máis demandados por 19 euros ao mes

martes, 1 de decembro do 2020 Redacción

A operadora galega R celebra até peche da ponte de decembro (e dende este primeiro de mes) o seu Cyber-feirón, no marco da Cyberweek (semana de promocións e ofertas posterior ao Venres Neghro impulsado dende a compañía de telecomunicacións) cunha proposta que inclúe todos os seus servizos de comunicacións por 19 euros/mes durante 3 meses.
Ou sexa, Internet de 500 Mbps, 2 liñas de móbil con GB ilimitados, chamadas sen límite e TV total con descodificador 4K con sistema Android que inclúe acceso a máis de 100 canles temáticas infantís, de cinema, series, documentais ou deportes.
A xeito de promoción especial, tamén se achega un smartphone Samsung Galaxy A51 con pantalla Infinity e 4 cámaras traseiras.
Con esta nova contribución ao seu catálogo de promocións, R ten o obxectivo de seguir traballando para “adaptar as súas propostas ás necesidades dos consumidores, que en moitos casos prefiren adiantar as súas compras e gozar durante as súas vacacións de máis entretemento e conversas con amigos e familiares, sobre todo este ano en que moitas familias terán que celebrar o Nadal a distancia”.

PUBLICIDADE