R celebra a Cyberweek cunha oferta de 49 euros que inclúe fibra, móbil, TV e fixo

martes, 30 de novembro do 2021 S. P.

R segue adiante coa súa chuvia de ofertas e descontos, para novos clientes aínda que tamén para usuarios experimentados. Logo da campaña do Black Friday, a operadora recunca cun reclamo para novos usuarios coa promoción Cyberweek, que se desenvolve entre 1 e o 8 de decembro. Trátase, en palabras da compañía, “dunha proposta que inclúe todos os seus servizos de telecomunicacións a prezo promocionado durante un ano”. Isto tradúcese en ofrecer aos novos clientes fibra de 300 Mpbs, dúas liñas de móbil con GB ilimitados e chamadas sen límite, e TV con deco 4K por un prezo final de 49 euros ao mes. A isto cómpre sumar a posibilidade de contar con fibra de 1 Gbps polo mesmo prezo que a fibra de 300 Mbps durante tres meses.
Esta promoción previa ao Nadal consiste nunha adaptación das propostas de R ás necesidades específicas dos consumidores nestas datas, que precisan de meirandes recursos para garantir o máximo lecer nos fogares e as mellores condicións posíbeis para manter conversas con amigos e familiares. Neste punto, sinala R, entran en xogo os GB ilimitados e as dúas liñas móbiles, ao que cómpre engadir a posibilidade de gozar dunha TV con deco 4k que “ofrece máis de 100 canles temáticas infantís, de cinema, series, documentais, deportes, etc”, e con funcionalidades e servizos como Ir ao comezo, co que o usuario pode ver un programa dende o inicio, aínda que xa empezase; ou Rebobina, con miles de contidos á carta para toda a familia, que garda os programas emitidos durante sete días para poder recuperalos e velos. A isto engádense as opcións de procura e de gravación.

PUBLICIDADE