R amplía a 20 canles o seu servizo Rebobina

xoves, 13 de decembro do 2012 Redacción

O servizo Rebobina da operadora galega R ampliou contidos esta semana. O proceso responde a un interese ben claro da compañía por mellorar cada vez máis o servizo, de xeito que o obxectivo (nun futuro próximo) pasa por convertelo nunha recurso personalizábel que opere, ao mesmo tempo, como un disco duro virtual do que se poidan ir extraendo os contidos que máis lles interesan aos clientes de R para telos á súa disposición.
O servizo contaba até esta semana con 15 canles e unha serie de material dispoñíbel durante sete días. A partir de xa e co finalidade de diversificar e chegar máis preto aos gustos de cada usuaria/o, este material enriquécese con cinco novas canles.
Entre elas, atópase unha que vén moi a conto neste Nadal que se bota enriba: Disney Cinemagic. A maiores, completouse Rebobina coa posibilidade de ver dende o comezo un contido en marcha, poñéndose remedio ao problema de “chegarmos tarde” para ver algo que nos interese.

PUBLICIDADE