Queixas perante o Goberno polo longo proceso de obtención do DNI electrónico

venres, 24 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

Aínda hai moito traballo por facer con respecto ao DNI electrónico, tanto no que se refire a promover os seus usos (alén de ter que presentalo fisicamente perante o policía que teñamos diante), como no que atinxe ao proceso de obtención do mesmo, case máis lento e traballoso que coa tarxeta identificativa tradicional. Nesta liña de esixir a solución destes problemas, a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio de Interior que adopte as medidas precisas para rematas coas longas esperas existentes nas comisarías galegas para poder renovar o DNI. Para Davila, non é admisible que un sinxelo trámite se estea a converter “nunha auténtica carreira de obstáculos para a cidadanía posto que as esperas para obter cita chegan a dous ou tres meses”.
Lembra a deputada que o BNG xa trasladou esta situación ao Goberno hai un ano, máis o Ministro de Interior xustificou os retrasos debido a “unha explicación estacional do problema en referencia ao periodo de verán”.

PUBLICIDADE