Publican un recompilatorio de chiptunes baseados en temas dos The Beatles

mércores, 16 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Existe todo un mundo de creadores musicais que, influenciados polos videoxogos dos anos 80 e 90, compoñen cancións orixinais e versións de temas coñecidos coma se estivesen a ser reproducidos polos xogos de consolas e ordenadores clásicos no que se coñece como chiptunes, como os que veñen de recompilar no álbum dixital descargable WANNA HLD YR HANDHELD, que por tempo limitado ofrece 28 temas de formacións como Anamanaguchi, Coleco Music ou The Depreciation Guild nos que versionan cancións dos The Beatles coma se saísen dos chips e son de consolas Game Boy, de Atari, NES ou ordenadores Commodore 64 e Apple II.
Estamos ante unha excelente recompilación elaborada por 8-Bit Operators, a quen tamén debemos un álbum homenaxe a Kraftwerk, para goce dos nostálxicos a informática e os videoxogos clásicos.

PUBLICIDADE