Promocionan o HTC Hero a través de vídeos de parkour

venres, 17 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O HTC Hero é o terceiro terminal telefónico co sistema operativo Android en pórse á venda en España (distribuído en exclusiva por parte de Orange), e este terminal con pantalla táctil de 3,2 polgadas, Wi-Fi, Bluetooth, HSPA, A-GPS, cámara de 5 Mpíxeles, grande compatibilidade multimedia e incluso a posibilidade de acceder a páxinas web feitas en Flash, pero aínda non conseguiu a sona dos seus predecesores (o HTC Dream e o HTC Magic, que comercializan en España Movistar e Vodafone respectivamente) de aí que están a facer uso do marketing viral para dalo a coñecer.
Para popularizar o terminal, un grupo de afeccionados ao parkour coñecido coma The Street Heroes (os heroes da rúa), gravaron dende os seus terminais HTC Hero (sen mencionar a marca ou o modelo en ningún momento) unha das súas peripecias, cun mozo escalando un farol ata unha cornixa para saltar sucesivamente ao teito de 2 autobuses urbanos e logo rematar na rúa xunto aos seus compañeiros. O acontecemento quedou rexistrado en primeira e terceira persoa, de xeito que sincronizando a reprodución dos clips podemos comprobar a súa autenticidade, á vez que o HTC Hero consegue certa publicidade que nunca está de máis, pois aínda que sexa o terminal con Android mellor considerado pola prensa especializada (por incorporar a interface HTC Sense), é bastante descoñecido por parte dos mozos e do público en xeral.


O vídeo dos Street Heroes visto en terceira persoa


A peripecia de parkour vista en primeira persoal

PUBLICIDADE