Prohiben Wish en Francia pola venda de produtos perigosos
xoves, 25 de novembro do 2021
- Bruno Le Maire foi o encargado de anunciar as sancións excepcionais contra Wish
O ministro
de EconomÃa francés, Bruno Le Maire, anunciou
medidas excepcionais contra a aplicación Wish, aplicación para móbiles a
través da que se comercializan moitos produtos considerados perigosos, que baixo
ningún concepto poderÃan venderse en establecementos fÃsicos, de aà que consideren
inxustificable a súa venda a través de tendas en liña, polo que ordenan
aos buscadores de Internet e ás tendas de aplicacións móbiles a retirada de
Wish.
Esta decisión das autoridades francesas chega tras un par de investigacións nas
que comprobaron que a meirande parte dos produtos comercializados por Wish eran
ilegais e perigosos. Concretamente determinaron que o 95% dos xoguetes eran ilegais
e o 45% perigosos; no caso dos dispositivos electrónicos o 95% serÃan ilegais e
o 90% perigosos; e incluso no caso da bixuterÃa o 62% dos produtos serÃan
perigosos.
As autoridades tamén comprobaron que Wish non cumprÃa a súa obriga de retirar
do mercado os produtos perigosos como require a súa condición de distribuidor,
e tras instar á compañÃa a cumprir coa lexislación vixente, a súa inacción
levou a que impuxeran unha sanción excepcional que consiste na retirada da web
de Wish dos motores de busca e da súa aplicación móbil das tendas de aplicacións.
AÃnda que estas medidas aplicadas en Francia sexan sorprendentes, non serÃa de
sorprender que nos vindeiros meses tivesen eco no resto de paÃses europeos, xa
que as normas de Consumo son semellantes, e está claro que Wish é unha plataforma
de comercio electrónico que non resulta fiable e incluso pode supor riscos para
a saúde por produtos electrónicos inseguros (por defectos de fabricación e de
deseño) e moitos outros produtos fabricados con materiais que poden provocar
alerxia e incluso ser cancerÃxenos.