Procaster facilita a retransmisión de vídeo en directo a través de Mogulus

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

Mogulus é unha plataforma de vídeo a través da Internet que permite, entre outras cousas, as retransmisións en directo (tanto de pago coma de balde) e, para facer máis doada a retransmisión de eventos, pode completarse agora coa aplicación Procaster, que permite un uso máis completo do sistema que a través da súa interface web.
A aplicación permite non só facer streaming de vídeo dende a nosa cámara web, senón tamén do noso escritorio (ou de ambos á vez, para facer presentacións ao máis puro estilo das keynotes de Apple), contando incluso con modo especial para retransmitir partidas de World of Warcraft (o que parece estar a ter moi boa aceptación, por raro que poida parecer). Todo isto, totalmente de balde, polo que os interesados en facer retransmisións de vídeo a través da Internet nunca o tiveron tan doado.

PUBLICIDADE