Problemas de abastecemento do iPhone 3GS

xoves, 17 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O 19 de xuño foi a data do lanzamento oficial do iPhone 3GS en España da man de Movistar, pero facerse con estes terminais telefónicos non está a resultar tan doado como era de agardar, e os problemas de abastecemento dos primeiros días aínda duran ata hoxe, con listaxe de espera en moitos establecementos para poder mercar un terminal, o que segundo Telefónica é consecuencia de que «Apple non fabrica grandes volumes», mentres que moitos consumidores desconfían de que todo responde a unha estratexia para rematar coas unidades do vello iPhone 3G que aínda están no mercado (e que rebaixou o seu prezo).
Ao parecer, dende Apple confiaban que o iPhone 3G e o iPhone 3GS convivisen no mercado grazas a que teñen prezos distintos, pero os usuarios non parecen dispostos a mercar un terminal que consideran obsoleto, e a caída de vendas do vello terminal caeron máis do agardado, de xeito que non están a ser capaces de atender a demanda do iPhone 3GS, non só en España, senón tamén en moitos outros países.

PUBLICIDADE