Prince estrea conta oficial en Twitter

mércores, 14 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Prince aproveita a súa nova conta de Twitter para promocionar o seu tema Groovy Potential

A relación do cantante Prince coa Internet nunca foi boa, considerando o artista de Minneapolis que na Rede circulan os seus vídeos sen a súa autorización, venden produtos piratas co seu nome e intercambian a súa música sen pasar por caixa (causas que o levaran a intentar emprender accións legais) e incluso chegou a negarse a distribuír o seu traballo 20Ten a través da Internet e preferindo ofrecelo de balde con varios xornais e revistas en distintos países. Pero agora parece terse reconciliado coa Internet, posiblemente porque o seu papel na industria musical non só é inevitable, senón que resulta imprescindible, e dun xeito un tanto curioso o artista estréase en Twitter cunha conta oficial cun nome tan ridículo como @3rdeyegirl.
A presentación de Prince en Twitter foi un tanto rara, pois limitouse a publicar unha imaxe cunha vella fotografía súa na que pode lerse o texto “ola, son Prince” e, aparte dalgún contido de pouca importancia, parece que o uso da nova conta de Twitter será bastante promocional, pois entre as primeiras publicacións figura un vídeo en YouTube cunha mostra do tema Groovy Potential que xa está dispoñible para a súa compra en liña.

A confirmación da identidade do autor da conta de Twitter @3rdeyegirl foi un tanto rara

PUBLICIDADE