Primeira alfa do Firefox 3.6

luns, 10 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A nova alfa do Firefox inclúe un botón para o modo a pantalla completa

O navegador web Firefox segue a evolucionar, e a versión 3.6 vén de presentar a súa primeira versión alfa, destinada principalmente a comprobar as novas prestacións do programa e detectar os fallos que vaian aparecendo. O nome chave desta nova versión é Nomoroka, e polo momento xa achega unha nova versión do motor JavaScript empregado (TraceMonkey), mellores características de restauración de sesión, vista previa das pestanas ou fichas (que hai que activar modificando a chave browser.ctrlTab.previews a verdadeiro) tamén dispoñibles mediante a combinación de teclas Ctrl + Supr (que ao premerse unha vez móvese á pestana empregada anteriormente, o que mellora considerablemente a súa utilidade, para o que tamén habería que cambiar a verdadeiro o valor de browser.ctrlTab.mostRecentlyUsed), aparece un botón para amosar o navegador a pantalla completa e acada un 94 no sistema de probas Acid3.

PUBLICIDADE