Preséntase en Lugo o dicionario de termos tecnolóxicos E-SignoVisual

luns, 24 de setembro do 2007 Raquel Noya

No marco das quintas Xornadas de Portas Abertas da Asociación de Persoas Xordas de Lugo, Signando as novas tecnoloxías, catro dinamizadores da Sociedade da Información veñen de presentar o dicionario E-SignoVisual, un catálogo práctico e virtual de termos tecnolóxicos que recibiu o pasado mes de xullo o premio do primeiro concurso de iniciativas da Rede de Dinamizadores da Consellaría de Innovación.
O devandito dicionario E-SignoVisual fai máis accesible a linguaxe tecnolóxica ás persoas xordas, de xeito que estas poidan achegarse ás novas tecnoloxías e se beneficien delas atopando novas oportunidades de integración.
Imaxe durante a gravación do dicionarioE-SignoVisual conxuga ademais a linguaxe de signos coa lingua galega e o software libre, algo pioneiro no noso país e un paso moi importante para este colectivo.
Este peculiar dicionario está a disposición dos usuarios a través das páxinas web da Asociación de Persoas Xordas de Lugo e da Sociedade da Información, o que permitirá estender os seus beneficios a toda a colectividade de xordos de Galicia.
Na imaxe, integrantes da Asociación de Persoas Xordas de Lugo atopada na súa web oficial.

PUBLICIDADE