Preséntase en Barcelona a nova web Turismo 2020

xoves, 7 de xuño do 2007 Raquel Noya

O Foro Internacional de Turismo BCN 2007 que se está a celebrar en Barcelona vén de analizar os avances realizados en torno ó proxecto “Horizonte 2020 do Turismo Español”, que tén como finalidade sentar as bases para que o noso turismo sexa o máis competitivo e sostible, procurando o benestar social dos cidadáns.
Nesta xuntanza, na que se conta cunha ampla representación de todo o sector empresarial, foron presentadas as distintas canles a través das que se poden realizar aportacións ó devandito proxecto, entre os que destaca a posta en marcha da páxina web www.turismo2020.es.
Este sitio pretende convertirse nunha das principais canles de comunicación das aportadas ó sector e, entre outros apartados, inclúe foros de opinión, cuestionarios sobre a situación actual do turismo, novas turísticas e acceso ós documentos que se van elaborando, ademais, dunha zona de acceso personalizado para axentes turísticos e outra para axentes sociais.

PUBLICIDADE