Preséntase a nova modelo que encarnará a Lara Croft
luns, 11 de agosto do 2008
A moza virtual
máis coñecida do mundo dos videoxogos é sen lugar a dúbidas Lara Croft, que
tamén ten as súas encarnacións no cine (con Angelina Jolie) e no mundo real,
con toda unha saga de modelos que representan á protagonista dos xogos de Tomb
Raider en roldas de prensa e feiras de videoxogos que vén de chegar á 9ª
xeración con Alison Carroll, de Croydon, que xa fixo a súa primeira
sesión fotográfica nos Estudos Pineapple de Londres, de xeito que xa
coñecemos a cara da rapaza de 23 anos que encarnará a Lara Croft na campaña
promocional do Tomb
Raider: Underworld, xogo que chegará para PC,
Xbox 360, PS3, PS2, Wii e DS o vindeiro 21 de novembro.
Ata o momento Carroll
estaba a traballar coma recepcionista dun club de golf, e tras un
proceso de selección foi escollida para coller o relevo de modelos coma Nell
McAndrew, Lucy Clarkson, Karima Adebe ou a agora coñecida actriz, Rhona Mitra.
As aparicións da nova modelo prometen ser moi espectaculares, posto que Alison
Carroll está nunha moi boa forma fÃsica, chegando
a gañar distintas competicións de ximnasia no Reino Unido (e representando
ao seu paÃs en encontros internacionais).
- A nova modelo practica a ximnasia, o que lle permite dar máis espectacularidade ás súas aparicións