Presentan os Facebook Prototypes

mércores, 16 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os enxeñeiros de Facebook, na procura da innovación e experimentación, anuncian oficialmente os Facebook Prototypes, que veñen a ser as aplicacións desta popular plataforma de redes sociais que aínda non están listas para o público xeral, o que poderiamos comparar cos Google Labs.
Deste xeito, Facebook conta agora cunha categoría no seu directorio de aplicacións na que recolle os prototipos, entre os que non só hai aplicacións web, senón tamén aplicacións de escritorio coma Desktop Notifications (que leva as notificacións de Facebook á barra superior de Mac OS X), Similar Posts (que localiza contido semellante ao que indiquemos), Photo Tag Search (busca as fotografías nas que estean etiquetados os nosos amigos) ou Recent Comment Filter (que achega contidos nos que os nosos amigos publicasen comentarios).

PUBLICIDADE