Presentan no Cultur.gal a demo dun novo videoxogo galego

luns, 14 de maio do 2007 Marcus Fernández

O pasado sábado, e dentro do conxunto de actos promovidos pola iniciativa Cultur.gal, se deu a coñecer a demo de E.L.E., un videoxogo desenvolvido por Continental Games e os estudios Alía 3D e que constará de 3 episodios que se están a preparar simultaneamente, aínda que se lanzarán ó mercado de xeito consecutivo.
O xogo de acción en primeira persoa ten unha estética de cartoon, e conta cunha compoñente cinematográfica reflectida especialmente no seu guión, que traslada ó xogador a unha experiencia audiovisual chea de sorpresas.
A presentación da demo contou coa presenza de Simón Casal, coordinador da empresa coruñesa Continental Games, e con Carlos Fernández, director técnico da compañía viguesa Alía 3D, así como de Chelo Loureiro e Pancho Casal, de Continental Animación, de xeito que os asistentes á feira da cultura galega puideron achegarse a este novo videoxogo para o que a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria colaborou con 82.270 euros grazas ó Programa de Fomento da Innovación Empresarial.

PUBLICIDADE