Presentan en Vigo o Final Cut Studio 2

martes, 27 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro xoves ás 19:00 horas a tenda AS Computer sita na Porta do Sol, 9 de Vigo servirá para que os interesados poidan facer un primeiro achegamento á aplicación Final Cut Studio 2, a nova solución de vídeo de Apple que permite editar clips de forma doada e profesional con melloras no tratamento da cor, das 3D e permitindo a edición en alta definición.
Final Cut Studio 2
inclúe novas versións de Final Cut Pro 6, Motion 3, Soundtrack Pro 2 e Compressor 3, mentres que actualiza o DVD Studio Pro 4 e engade como nova aplicación Color.

PUBLICIDADE