Presentación virtual das JAI o vindeiro 7 de novembro

luns, 5 de novembro do 2007 Raquel Noya

O vindeiro mércores 7 de novembro ás 11:00 horas terá lugar, a través de Internet, a presentación do programa de conferencias do evento JAI 2007 (as Xornadas sobre tecnoloxías e solucións para a automatización industrial) , que se desenvolverá dende a sala Access Grid situada na Biblioteca Central do Campus de Vigo da Universidade de Vigo.
A devandita presentación virtual, para a que se require Windows Media e firewalls portos WM9 desactivados, estará dispoñible posteriormente en diferido para aqueles que non poideron asistir ó acto en directo a través da mesma web http://tv.uvigo.es/tvuvigodirecto.html.
As JAI darán comezo o vindeiro 26 de novembro e poderanse seguir de xeito presencial ou virtual en directo e/ou diferido a través do servizo de televisión por Internet da Universidade de Vigo.

PUBLICIDADE