Preparan as especificacións do futuro USB 3.0

mércores, 19 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Prototipo do novo USB 3.0

Intel, xunto con outras empresas coma Microsoft, HP, NEC, Texas Instruments ou NXP Semiconductors, preparan unha nova versión do USB, de xeito que na primeira metade de 2008 poderiamos ver aprobadas as normas que rexerán ó USB 3.0.
O novo estándar pasaría dos actuais 480 Mbps a 4,8 Gbps, grazas a que incorporará a fibra óptica ós novos cables, que non abandonarán o cobre no seu interior (en boa media polo feito de que o USB tamén conduce corrente eléctrica para alimentar dispositivos, e tamén conservará a compatibilidade coas versións anteriores deste porto de comunicacións en serie) aínda que é de agardar que o USB 3.0 teñan unha implantación lenta, xa que polo momento hai moi poucos escenarios nos que resulte útil, xa que para a meirande parte dos dispositivos actuais (incluíndo os que moven vídeo de alta definición) non precisan de tanta velocidade.
Agárdase que os dispositivos con USB 3.0 comecen a producirse en 2009 ou 2010.

PUBLICIDADE