Prensa-Escola organiza un curso de blogs para profesores
xoves, 24 de setembro do 2009
O programa
educativo Prensa-Escola, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey
Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, convocou o primeiro
curso de blogs para profesores da edición 2009-2010, actividade
formativa que terá lugar na sala web do Telecentro
de Comunicación da Facultade de Ciencias de Comunicación de 18:00 a
21:00 horas os dÃas 14 e 15 de outubro e de 18:00 a 20:00 horas o dÃa 16 do
mesmo mes, podendo participar nesta actividade os docentes dos centros
educativos galegos.
O encargado de impartir este obradoiro (que tamén levarase a outras cidades
galegas) será o profesor Alberto Sacido, que informará aos participantes das
chaves para crear e xestionar unha bitácora de Internet e tirar o máximo
partido ás TIC aplicándoas á educación.
Os profesores interesados en participar poden inscribirse no curso por correo electrónico
ou a través do teléfono 902 103 156.