Premian a unha solución de xestión documental distribuída pola galega FOGA

mércores, 24 de agosto do 2011 Redacción

A firma galega FOGA, especializada no sector dos servizos de reprografía,solucións informáticas e redes, así como no campo dos grandes proxectos de dixitalización e xestión documental, viu como o programa de xestión documental que distribúe de forma exclusiva en Galicia (DocuWare) foi premiado pola revista Data.TI,especializada no sector das tecnoloxías de información para empresas en España.
Os premios anuais da revista Data.Ti, estruturados en 14 categorías, tiveron como gañador no campo da xestión documental a DocuWare. Estes premios son concedidos polos propios lectores da revista. A elección dos lectores demostra que hoxe en día o obxectivo das empresas é claro: ter sempre dispoñible a información e documentación relevante para poder afrontar os seus traballos diarios e executar as decisións con plenas garantías, polo que ter a ferramenta para xestionalas axeitadamente é de vital importancia.
Para lograr estes obxectivos, os lectores coincidiron en que DocuWare é a mellor opción. Este programa de software, dotado de tecnoloxía avanzada para xestión integrada de documentos é capaz de procesar todo tipo de documentos e ademais está dotado de funcións adicionais para xestión de rexistros, que garanten a seguridade e o control das operacións de acceso.
E é que, independentemente do formato ou da orixe de calquera documento que haxa nunha empresa, DocuWare é capaz de arquivalo e organizalo. Dá igual que o documento estea en papel, que sexa un correo electrónico, un plano, unha factura, un arquivo dixital en calquera formato... O programa de xestión documental DocuWare pode organizalo no seu arquivador central e poñelo ao alcance de todos e cada un dos traballadores da empresa.

PUBLICIDADE