Premian a unha empresa compostelá nun concurso internacional de apps para coches conectados

mércores, 10 de decembro do 2014 Redacción

Para lanzar novas ideas e aplicacións sobre os coches conectados, PSA Peugeot Citroën organizou durante o pasado verán unha competición internacional na que participaron empresas de todo o mundo desenvolvendo novas ferramentas que fan uso de los datos de los vehículos mediante o emprega do seu framework Car Easy Apps (CEA).
Estes días deuse a coñecer o resultado do concurso, onde unha empresa galega, Sixtema, conseguiu facerse cun terceiro premio coa súa aplicación WeatherWay, indo a parar as dúas primeiras posicións á universidade chinesa de Tongji e á empresa francesa Hoodbrains.
Sixtema, con sede en Santiago de Compostela e especializada no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles, desenvolveu para o concurso unha aplicación móbil que converte ós nosos coches en estacións meteorolóxicas sobre rodas, grazas aos diversos sensores que posúen. Deste xeito, co envío da información dos vehículos, é posible coñecer en tempo real as condicións meteorolóxicas que hai en diversas partes del mundo.
A aplicación é capaz ademais de medir parámetros coma o nivel de monóxido de carbono o os óxidos de nitróxeno, co que se obteñen mapas detallados da calidade do aire, o que permitirá ter nova información para la loita contra la contaminación atmosférica.

PUBLICIDADE