Por fin podemos configurar Spotify en galego

martes, 16 de maio do 2023 Marcus Fernández

Para facer máis accesible a súa aplicación Spotify vén de incorporar 11 novas linguas e dialectos á mesma até chegar a un total de 74, moi lonxe das 27 linguas que ofrecía de lanzamento, e que desta volta destaca especialmente por incluír o galego.
Concretamente Spotify incorporou a opción de configurar a súa aplicación móbil en español de Arxentina, español de México, chinés tradicional de Hong Kong, árabe de Exipto, árabe de Arabia Saudita, árabe de Marrocos, Éuscaro, inglés británico, macedonio e galego.
Dende a compañía sueca consideran que facilitar o acceso á súa aplicación na lingua nativa dos seus usuarios fai que os usuarios teñan unha mellor experiencia de uso e iso repercuta en máis usuarios que conecten máis e mellor cos creadores musicais.

Spotify por fin conta con interface en galego no móbil

PUBLICIDADE