Popcorn Time resístese a desaparecer

luns, 17 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Era previsible que tras a atención captada pola aplicación Popcorn Time o seu peche non fose a durar moito, e esta fin de semana xa xurdiron voces que apuntaban a que ían retomar o proxecto, como algúns dos responsables de YTS (antes coñecido como YIFY-Torrents), que asegurarían facerse cargo do desenvolvemento da aplicación de cara ao futuro (aínda que queren desligar a YTS de Popcorn Time, asegurando que a aplicación é un traballo colaborativo que non depende de ningunha persoa ou entidade en concreto) polo que en breve poderiamos ver o rexurdir de Popcorn Time mantendo o seu espírito inicial.
Pero hai quen non quixo agardar a que dende o YTS Team rematasen o seu novo traballo, e xurdiu así Time 4 Popcorn, que parece querer servir de relevo a Popcorn Time, ofrecendo polo momento o cliente para Windows da aplicación anterior (para ) e anunciando que en vindeiras semanas terán dispoñible unha nova aplicación que incluso engadiría novas funcionalidades, asegurando que manterán a mesma filosofía de desenvolvemento aberto.
En calquera caso, parece que haberá iniciativas dabondo para manter unha plataforma como Popcorn Time activa a longo prazo.

PUBLICIDADE